Licenciado en Filosofía, investigador independente, colaborador en diferentes medios, director do Proxecto de I+D+i para Artes Escénicas e Visuais teatro LUZ, vencellado a Alg-a Laboratório, centro de Arte dixital e Cultura libre, no que desenvolven temas como programación creativa, electrónica DIY e Circuit Bending entre outros. Ten participado en workshops con desenvolvedores como E. Mazza, Servando Barreiro, Horacio González, ou artistas como Ignacio Muñoz ou Carlos Suárez. Forma parte ademais de numerosos proxectos e iniciativas no eido da Cultura Libre e Contemporánea como Universidade Invisíbel, GZi Coop ou diferentes compañías e festivais de Artes Escénicas como técnico e asesor. Ten tamén formación en artes escénicas con cursos con bailaríns, performers ou directores prestixiosos da talla de Armando Martens, David Zambrano, Jurij Konjar, ou o Centro Coreográfico Galego. Os seus proxectos persoais máis recentes xiran en torno a cámaras, sensores e telepresencia (herm3TICa) cara unha noción renovada da maxia e a alquimia da tradición através da tecnoloxía.
Licenciado en Belas Artes, doutorando en Deseño e Enxeñería na Universidade de Vigo, profesor de Educación Secundaria en Galicia dende 2005. A traxectoria de Horacio González Diéguez é eminentemente interdisciplinar, combinando docencia, investigación e creación. Forma parte dos colectivos VHPlab e Escoitar.org como artista e desenvolvedor de software, dende os anos 2005 e 2006, a través dos cales participa regularmente en congresos, eventos e exposicións nacionais e internacionais, tales como Artech 2006, Terceira Conferencia Internacional de Arte Electrónico e Dixital (Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Pontevedra. 2006), Audio HackLAB (Espazo Anexo do MARCO. Vigo. 2007), Google Art, or How to Hack Google (New Museum. Nueva York. EE.UU. 2007), Cartografías da escoita (CGAC. Santiago de Compostela. 2007-08), Interactivos 08 (Medialab-Prado. Madrid. 2008), Inclusiva--net: redes digitales y espacio físico (Medialab-Prado. Madrid. 2008), Sonorama (Fonoteca Nacional de Méjico. Méjico. 2008), Banquete (Laboral Centro de Arte. Gijón. ZKM. Karlsruhe. Alemania. 2008 y 2009), SummerLAB (Laboral Centro de Arte. Gijón. 2010 y 2011), Gategays, Art and Networked Culture (Kumu. Tallin. Estonia. 2011), Después del Silencio (Casa encendida. Madrid. 2011), III Congreso Metaversos, Web3D y Redes Sociales en Mundos Virtuales (Palau de Congressos D’Eivissa. Ibiza. 2011), Metropolis Laboratory 2012 (Copenhague. Dinamarca. 2012).
volver